Socios

LUIS-TEIRA-SOCIO-DIRECTOR_TEIRA-AVOGADOS

IDIOMAS
· Galego e Castelán: nativos.
· Inglés: competencia completa.
· Italiano: competencia alta.
· Portugués e Francés: competencia media.
· Ruso: competencia básica.

ASOCIACIÓNS
· Archicofradía Universal do Apóstolo Santiago.
· Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.

LUIS-TEIRA-SOCIO-DIRECTOR_TEIRA-AVOGADOS

SOCIO DIRECTOR


Carreira académica
· 2010 Licenciado en Dereito, Universidade de Santiago de Compostela.
· 2012 Máster en Dereito Internacional dos Negocios, ESADE.
· 2014 Máster en Xestión de Empresas Enerxéticas, Repsol.


Carreira profesional

Comecei a miña carreira profesional como avogado de empresa no grupo textil Mango, na sede central en Barcelona. Especial adicación a contratos de compravenda e aluguer de bens inmobles, propiedade intelectual, procedementos administrativos e actos societarios.


En Repsol, enrolado dentro do programa de promoción de xoves talentos, pasei ser avogado especializado en reclamacións contractuais en Repsol Trading, con foco fundamental en contratos e normativa de Dereito Marítimo.


De Madrid din o pulo, dentro do trading enerxético, á sede de BP en Londres, na cal estiven máis de cinco años a cargo da negociación de grandes contas legais e a xestión integral de activos de almacenamento de productos petrolíferos, en arrendamento, e de gas natural licuado, en réxime de joint venture. Alto coñecemento da normativa europea e británica da rede eléctrica, e a relativa ás subastas de capacidade de licuación.


Logo dunha década lonxe de Galicia, inicio TEIRA AVOGADOS en 2021, estudio especializado na vertente legal da transición enerxética para acompañar neste novo panorama aos particulares, empresas e administracións interesados en optimizar os recursos públicos e privados pra descarbonizar a economía.

COÑECEMENTO
TEIRA AVOGADOS

Recibe as nosas novidades directamente no teu buzón


Un boletín quincenal con toda a
actualidade de TEIRA AVOGADOS
TEIRA AVOGADOS
Scroll to Top